Mae Jemison
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mae Carol Jemison 17 de outubro de 1956 (68 anos) Decatur, Estados Unidos de América (pt) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Weill Cornell Medicine (en) - doutor en medicina (–1981) Universidade Stanford - enxeñaría química, Estudos negros (pt) (–1977) Stanford University School of Engineering (en) Morgan Park High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, actriz, enxeñeira, física, médica, profesora, escritora de literatura infantil |
Empregador | NASA, astronauta |
Membro de | |
Tempo no espazo | 7 días, 22 horas, 30 minutos e 22 segundos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Women In Science (en) , (p.108-109) |
Páxina web | drmae.com |
Mae Jemison, nada en Decatur (Alabama) o 17 de outubro de 1956, é unha enxeñeira química, médica e astronauta da NASA. Foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mae Jemison é a terceira filla de Charles e de Dorothy, moi interesados na súa educación. Dende moi nova tivo claro quería ser científica e xa antes de acudir á escola secundaria interesouse polo tema do espazo.[1][2] Estudou na Universidade de Stanford cunha bolsa obtendo o graduado en Enxeñaría Química. Despois doutorouse en Medicina pola Universidade Cornell en 1981.[3] Dende 1983 a 1985 uniuse ao Corpo de Paz servindo como médica castrense da área en África Occidental, especialmente en Serra Leoa e Liberia.
O 4 de xuño de 1987, Mae Jemison converteuse na primeira muller afroamericana en ser admitida no programa de formación de astronautas da NASA, e en 1992 foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.[4] Viaxou a bordo do Endeavour na misión STS47, e durante os oito días que estivo no espazo, Mae Jemison realizou experimentos sobre a ingravidez e a cinetose na tripulación e nela mesma.[5] Segundo detalla a NASA, antes de regresar a terra o equipo completou 44 experimentos conxuntos entre os Estados Unidos e o Xapón.[6] En total estivo 190 horas no espazo. Despois de servir na NASA de 1987 a 1993, Jemison fundou o Jemison Group, Inc., que desenvolveu ALAFIYA, sistema de telecomunicacións baseado en satélites.[7] O propósito deste sistema era mellorar o coidado médico en países en desenvolvemento.[8]
Foi profesora no programa dos estudos ambientais na Universidade de Dartmouth, onde dirixiu o Instituto Jemison para o avance tecnolóxico en países en vías de desenvolvemento. Dentro dos seus proxectos actuais hai varios centrados na mellora da saúde en África e no avance das tecnoloxías en países en desenvolvemento.[3][9]
Jemison foi profesora na Cornell University e no Dartmouth College desde 1995 até 2002. Ademais participa en varias organizacións científicas como American Medical Association, American Chemical Society, Association for Space Explorers e a American Association for the Advancement of Science.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lassieur. Astronaut Mae Jemison (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9781512410945.
- ↑ Naden; Blue. Mae Jemison: Out of this World (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780761325703.
- ↑ 3,0 3,1 "Dr. Mae Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ "Mae C. Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Briggs. Women Space Pioneers (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780822524748.
- ↑ "Mae Jemison, la astronauta que quiso ampliar la visión que los extraterrestres tienen del mundo". 2018-07-18. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "Mae C. Jemison". Consultado o 2009.
- ↑ "Espacio, tecnología y educación según la ex astronauta Mae Jemison". 25 de setembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "Mae Jemison, la niña que soñaba con ir al espacio y se convirtió en la primera mujer afroamericana que lo consiguió | Vidas científicas". 31 de maio de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "Official NASA biography".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mae Jemison |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mae Jemison, Teach arts and sciences together. (Vídeo TED)